Durante toda a fin de semana viuse celebrando nos campos de xogo do club de bolos Camos a Copa de España de bolo celta por equipos, organizada pola Federación Galega de Bolos, en colaboración coa Federación Española e o club de bolos Camos. Participaron un total de 159 xogadores de categorías sénior, feminina, cadete xuvenil e veteranos. O resultado final foi o seguinte:
- Campión do torneo: Bolos Iniciadora de Nigrán.
- Subcampión: Bolos Belesar Urgal de Baiona.
- Terceiro: Bolos San Cibrán de Gondomar.
- Cuartos: Bolos Camos de Nigrán.
Paralelamente disputouse o torneo nacional de bolos que organiza o club de bolos Camos, ao que ademais se incorporaban as categorías inferiores. Os resultados finais foron:
- Campión prebenxamín: Kevin Durán de bolos Medialdea.
- Campión benxamín: Alfonso González de bolos Mañufe.
- Campión alevín: Anxo Dacuña de bolos Estivada.
- Campión infantil: Miro Piñeiro de bolos Peitieiros.
- Campión cadete: Pablo Pintos de bolos Gondomar.
- Campión xuvenil: Felipe Piñeiro de bolos Camos.
- Campioa feminina: Belén Rodríguez de bolos Rega.
- Campión veteranos: Jose R. Dios de bolos Medialdea.
- Campión de superveteranos: Alberto González de bolos San Cibrán.
Por equipos.
- Campión: Bolos Iniciadora de Nigrán.
- Subcampión: Las Mulas de Cangas del Narcea (Asturias).
- Terceiros: Bolos Belesar Urgal de Baiona.
- Cuartos: Bolos Mañufe de Gondomar.
A próxima fin de semana celebraranse en Asturias os Campionatos de España de primeira e segunda categoría de bolo celta, modalidade por parellas.


