Sin categoría

A campaña “Galicia sabe aMar” recala en Baiona

A “food truck” da campaña gastronómica da Xunta “Galicia sabe aMar” estará instalada este luns, martes e mércores na zona central do Parque da Palma, como parte da súa xira, onde os veciños, veciñas e persoas visitantes poderán saborear de forma gratuíta as tapas preparadas con peixe e marisco da nosa comunidade. Catro tipos de tapas, máis de 350 tapas.

A Xunta de Galicia puxo en marcha esta iniciativa que percorrerá 260 municipios de España vinculados ao Camiño de Santiago e na que se servirán unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade dos recursos mariños de Galicia.

Hoxe luns, mañá martes e o mércores, estará instalada unha furgoneta na Palma na que se ofrecerán petiscos gratuítos a todos aqueles que se acheguen nas horas da degustación, durante a mañá de 11:30 a 14:00 horas e na quenda de tarde entre as 16:30 e 20:00 horas.