Sin categoría

Avariados dous camións do lixo de Baiona

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona informa de avarías en dous camións do lixo. Desde este departamento puxéronse en marcha medidas extraordinarias para dar cobertura ao servizo e resolver esta situación. Aínda así, pódese producir algunha perda de calidade no mesmo, polo que se pide á cidadanía, na medida do posible, se atrase o depósito de residuos e se faga un uso o máis estrito posible. A Concellería de Medio Ambiente pide de antemán desculpas á veciñanza polas molestias que estas incidencias poidan ocasionar.

Desde o departamento municipal destacan a falta de xestión por parte do anterior equipo de goberno do parque móbil encargado da recollida de residuos. “Atopámonos cunha situación na que a gran maioría da frota de vehículos non está en condicións: está obsoleta ou con continuas avarías, o que nos levou á actual situación nun dos meses nos que se xera maior cantidade de residuos no municipio. Todo iso atende a unha falta de previsión de renovación desta frota, que nos últimos anos fora necesaria unha reposición para dar o mellor dos servizos á cidadanía de Baiona”.