Semana de Running, Multideporte e Rítmica en Baiona

A Concelleira de Deportes de Baiona, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou distintas visitas aos Campus que se están a celebrar durante esta semana nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes.

O Campus de Running conta cun corpo técnico composto por Carlos Barroso García, Licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte e tamén Diplomado en Educación Física, Educación Especial e TAFAD, e Ana Sánchez Quintas, monitora deportiva e adestradora persoal. Ás actividades de running sumáronselle actividades complementarias acuáticas e deportivas na praia, saídas polas rúas e parques da vila e tamén por algún monte próximo.

Outra das modalidades ofertadas foi o Campus de Multideporte. Neste caso o corpo técnico estivo composto por persoas licenciadas en actividade física e deporte e monitores de ocio e tempo libre. Como actividades complementarias os nenos e nenas desfrutaron de saídas á praia, sendeirismo e actividades de animación.

Por último, o Campus de Rítmica estivo capitaneado por Nahir, Licenciada en Ciencias do Deporte, Carla, adestradora de ximnasia rítmica, e Pablo, monitor de ocio e tempo libre.