Sin categoría

“O actual goberno de Baiona evita inaugurar o novo Paseo Pinzón por ser un proxecto do goberno socialista”

O pasado martes o goberno municipal, encabezado por Almuiña, retiraba as barreiras e abrían ao público o renovado Paseo Pinzón de Baiona. “Tras un retraso inxustificado e estando en tempada estival, o novo goberno considerou oportuno abrir o espazo en días de choiva para, posiblemente, evitar afluencia de xente e comentarios positivos ou calquera posible debate que non beneficie directamente a Almuiña”, apuntan desde o PSdeG.

“Tras 6 meses de traballo e un investimento de aproximadamente 1.100.000€, dos cales a Deputación de Pontevedra achega o 45%, os veciños e veciñas de Baiona teñen que ver como o novo equipo de goberno menosprecia o traballo feito polo anterior mandato. Almuiña esconde os investimentos feitos polo ex alcalde socialista, Carlos Gómez, rompendo así o respecto institucional que historicamente houbo ás labores e xestións realizadas por outros alcaldes, tal e como se fixo coa inauguración do Multiusos de Sabarís, invitando e recoñecendo o traballo de Ángel Rodal”, lembran os socialistas.

“Ademais, este verán estamos presenciando o uso partidista das redes do Concello de Baiona, onde pódense atopar publicacións nas que se recolle a visita do alcalde popular de Madrid, José Luis Martínez Almeida, mentres se esconde a gran xestión do partido socialista que trouxo proxectos coma o do Paseo Pinzón avanzando cara o futuro de Baiona desfrutando do presente”, conclúen desde o PSdeG.