Sin categoría

O IEM organiza unha xeira nocturna en barco polo mar de Panxón

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza o xoves 17 de agosto unha xeira polo mar de Panxón. Será un paseo marítimo nocturno para ver as Illas Estelas, a costa de Monteferro, as Cíes e os montes do Val de Miñor dende unha visión acompañada de relatos da historia de naufraxios e o mundo do mar. A viaxe, que estará guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira e contará con intérpretes en lingua de signos, prolongarase desde as 22:00 ata as 00:00 horas, con preembarque ás 21:30 horas no Peirao de Panxón.

O prezo para participar é de 18 € para o público en xeral e de 15 € para os socios do IEM. A data límite para confirmar inscrición é o mércores 16 de agosto ás 13:00 horas. Se non se chegara a cubrir 150 pasaxes, a organización podería anular a xeira e reembolsaríase o prezo dos billetes abonados descontada a comisión bancaria por transferencia. Para máis información os interesados poden visitar a páxina web do IEM www.iem.gal.