Sin categoría

Nigrán traslada a este venres o “Ioga e Meditación no Solpor” previsto para hoxe en Patos

O gran mestre internacional Madhana, pioneiro na práctica do Ioga en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo, realizará finalmente este venres 4 de agosto ás 20:30 horas unha nova sesión de “Ioga no Solpor” organizadas polo Concello de Nigrán na praia de Patos, ao carón do posto de Protección Civil. Cancélase así a cita de hoxe por mor da choiva e a despedida será o 23 de agosto á mesma hora.

O célebre yogui realizará unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar, non sendo preciso inscribirse previamente, tan só presentarse cunha toalla ou esterilla, botella de auga e protección solar.