Continúan os “Encontros no Liceo” con Anxo Rodríguez Lemos

Este xoves, 3 de agosto, ás 20:00 horas, continúan os “Encontros no Liceo”. Nesta ocasión Anxo Rodríguez Lemos, graduado e Doutor en Historia Moderna pola Universidade de Santiago de Compostela; recentemente nomeado Cronista Oficial da Vila de Baiona e natural e veciño da parroquia de Baíña, falará no Liceo Marítimo de Baiona dos “Exvotos e santuarios de Galicia”, un apartado da súa tese doutoral. A entrada é libre.