Sin categoría

Conferencia en Sabarís sobre a reforma de Lutero e a contrarreforma católica

Juan Curráis Porrúa ofrecerá este xoves, 3 de agosto, ás 20:00 horas no Multiusos Mercado de Sabarís, unha conferencia baixo o título “A Reforma de Lutero e a contrarreforma católica. Proxección actual”. O Concello de Baiona ofrece os xoves de xullo e agosto un total de cinco relatorios de temática variada e diversa que versarán sobre temas de actualidade e interese xeral como a saúde, a cultura, a historia, a literatura, etc, con relatores de recoñecido prestixio pertencentes a universidades de todo o país.

Estas conferencias, organizadas pola Concellería de Cultura e coordinadas por Antonio Piñero, pretenden ser “unha cita obrigada para os amantes do faladoiro con catedráticos de primeira orde que nos penetrarán en temas de actualidade e interese xeral”. Súmanse ás ofertadas na Programación Baiverán 2023 baixo o título “O Falar das Pedras”, organizadas desde o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona.