O Concello de Gondomar vén de recibir unha subvención da Xunta de Galicia ao amparo dos fondos europeos Next Generation e dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, por un importe de 26.045,08 €, para a modernización dos sistemas de audio e vídeo do Auditorio Municipal Lois Tobío.
Con esta reforma o Auditorio Municipal contará cos máis avanzados sistemas de audio, vídeo e iluminación de última xeración, o que permitirá ademais dun importante aforro enerxético, a representación de espectáculos culturais con maiores niveles de exixencia técnica, o que converterá sen dúbida ao Lois Tobío nun dos auditorios máis equipados tecnicamente, o que supoñerá tamén unha mellora na súa polivalencia.

