Sin categoría

Baiona recibe á Selección Absoluta de Baloncesto de Costa de Marfil

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, a Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, e o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, realizaron unha recepción no Concello de Baiona á Selección Absoluta de Costa de Marfil, combinado que está a vivir na vila mariñeira a súa preparación de cara ao Mundial 2023.

O rexedor baionés, a concelleira e o presidente da federación, amosaron a súa hospitalidade á Selección, comandada polo actual Director Técnico desa Federación, o inesquecible para todo o baloncesto galego, Anicet Lavodrama. A selección de Costa de Marfil será, xa no Mundial, o primeiro rival da Selección de Baloncesto de España. A cita será o 26 de agosto en Yakarta.