Sin categoría

O aclamado guitarrista estadounidense Steve Cardenas pecha esta noite o Nigranjazz

O Concello de Nigrán pecha esta noite no esteiro de A Foz o XVII Nigranjazz co gran reclamo do célebre guitarrista estadounidense Steve Cardenas, profesor da mítica New School de New York e experto mundial en Thelonious Monk (22:30 h), quen tocará nunha formación creada ex-profeso para a ocasión co catalán Simón Osuna ao contrabaixo e o galego David Puime á batería, ambos os dous mozos que non chegan á trintena.

Antes, ás 21:00 horas, abrirá o festival o saxofonista Miguel Seoane con Mauro Cottone ao contrabaixo e Giacomo Camilletti á batería. A jam-session final liderada polo guitarrista Martín Verde, no mesmo recinto pero en diferente escenario, porá fin a esta edición na que a choiva non impediu festexar con normalidade a xornada do venres.

Un ano máis, o festival conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través da Liña 2 do Plan Concellos e a marca nigranesa Cervexas Banda patrocina novamente o evento. Ademais, no recinto os asistentes poderán gozar das food-trucks de Capitán Filloa, La Vanetta Vegan Food e bocatería Lalo’s.