O Concello de Nigrán organiza un ano máis a festa de San Fiz, patrón do municipio, o 31 de xullo e 1 de agosto (festivo local este último). A celebración terá lugar no torreiro do Ceán, comezando o luns ás 21:00 horas con verbena a cargo da Orquesta Trébol e Trío Xtra. Ao día seguinte, como é habitual, a Agrupación Musical de Belesar abrirá o día festivo cun breve concerto na Praza do Concello ás 11:00 horas para volver a tocar no Ceán tras a Misa Maior e procesión, completándose a mañá coa presencia no torreiro do tradicional “pulpeiro”. A partir das 21:00, os protagonistas serán a Orquestra Carlestone Big Band e Trío Azar.
Nigrán festexa o seu patrón, San Fiz, con verbena luns e martes no Ceán


