O Liceo Marítimo de Baiona inicia este xoves 27 de xullo o ciclo de conferencias “Encontros no Liceo”. As charlas celebraranse cada xoves ata o 17 de agosto ás 20:00 horas. Luis Carlos de la Peña será o encargado de abrir o programa, con “O pintor Rafael Alonso en Baiona”. O 3 de agosto, Anxo Rodríguez Lemos ofrecerá o relatorio “Ex votos e santuarios en Galicia”. O día 10 será a quenda de Celestino Lores Rosal, que falará sobre “O Camiño Portugués de Santiago: Fe, Cultura e Turismo”. O 17 de agosto, unha lectura de textos en Memoria de Gonzalo Torrente Ballester pechará o ciclo.
Carlos de la Peña abre o ciclo de conferencias “Encontros no Liceo”

