O Concello de Nigrán e o Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrecen de balde este mércores 26 de xullo na Praza do Concello a partir das 22:00 horas unha proxección das 5 mellores curtas do festival internacional FICBUEU do ano pasado. En concreto, os asistentes poderán ver a curta romanesa “Interfono 15”; a checo-eslovaca “Con cariño, papá”, as inglesas “Grogui” e “Asuntos da arte” e a holandesa “Sen manchas”.
O 16º Festival Internacional de Cinema de Bueu celebrarase do 9 ao 23 de setembro de 2023 na localidade de Bueu. O seu obxectivo é a proxección e promoción das mellores curtametraxes realizadas nos dous últimos anos no ámbito internacional.

