Ubaldo Rodríguez de Oliveira e Eva Piñel Lorenzo proclamáronse este sábado campións absolutos da décimo cuarta edición da Subida á Groba. A proba cicloturista organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona reuniu a preto de 200 participantes, repartidos nas categorías Júnior, Sénior e Veteranos nas modalidades de bicicleta de estrada e de montaña.
A proba, de carácter ciclo turista – ciclo deportiva de marcado carácter popular, de curta distancia pero de duro percorrido, 11 km. cun desnivel de 620 m. e unha porcentaxe de 5,6%, comezou ás 11:00 da mañá desde o Pavillón Municipal, sendo neutralizada cun percorrido de quecemento ata a rotonda de Baredo e volta, sendo a saída oficial á altura da Virxe da Rocha.
Na liña de meta, Ubaldo Rodríguez de Oliveira marcou un tempo de 29:44. En categoría feminina, Eva Piñel Lorenzo completou a subida en 29:02. O primeiro baionés en cruzar a liña de meta foi Mario García Ontiyuelo, cun tempo de 30:55, e a primeira baionesa, Loreto Rodríguez Martínez, parando o cronómetro en 45:53.
Tamén recibiron trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, o participante de maior idade e o máis novo, Daniel Paz Antón, de 72 anos, e Aarón Calvar Fernández, de 14, e o gañador por equipos, que foi o Tríatlon Mar de Vigo A.

