Santa Cristina sae este domingo en procesión polas rúas de Sabarís

A parroquia baionesa de Santa Cristina da Ramallosa celebra estes días as súas festas patronais. Este domingo, 23 de xullo, ás 20:00 horas comezará unha Misa Solemne con posterior procesión ata a Praza Victoria Cadaval. O luns 24 ás 12:00 celebrarase unha nova Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica de Belesar con procesión ao redor do templo acompañada por Os Terribles de Donas. Tres anos despois, volverán soar as campás a cargo de Carlos Riveiro.

Programa festivo

O domingo día 23 a charanga Vai de Baile ofrecerá desde as 10:00 da mañá e durante todo o día pasarrúas e actuacións. Pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Saudade e o trío Azar. O luns 24 ás 11:00 da mañá actuará o grupo Os Terribles de Donas. Pola noite, a orquestra Alabama e o trío X’Tra amenizarán a verbena fin de festa.