Sin categoría

A Lotería Nacional deixa un primeiro premio en Vincios

O Sorteo da Lotería Nacional deste sábado deixa un primeiro premio en Gondomar, co número 27.764. Polo menos un boleto foi consignado na administración situada no número 13 de Hervillas, en Vincios. Este primeiro premio deixa 600.000 euros á serie, 60.000 por boleto, aínda que se descoñece o número de billetes que se venderon na localidade miñorana. Ademais de Gondomar, tamén houbo primeiros premios en Ibi, Gijón, Mérida, Ibiza, Colmenar Viejo, Segovia, Manises e Sedaví. O segundo premio, de 120.000 euros á serie, foi para o número 21.162, consignado en San Miguel de Salinas, Monterrubio de la Serena, Sant Feliu de Llobregat, Santander, León, Alcobendas, Alar del Rey, Toledo, Ataquines e Medina del Campo. Os reintegros foron o 4, 0 e 3.