Sin categoría

XX Festa Gastronómica “As delicias do porco” en Couso

A Asociación Novos Aires de Couso organiza o sábado 12 e o domingo 13 de agosto coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso, o Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra a XX Festa Gastronómica “As delicias do porco”, no torreiro da festa da Virxe dos Remedios. Haberá variedades de tapas de porco sen reserva. As reservas para o porco ao espeto poden realizarse ata o 8 de agosto no teléfono 609 903 635.

Un porco enteiro, para 20 persoas aproximadamente, terá un prezo de 250 euros. Medio porco, para unhas 10 persoas, custará 125 euros. Un cuarto de porco, para 5 persoas, serán 75 euros. As tres modalidades inclúen pan e salsa especial. O evento estará amenizado pola Batukada Lenha Verde, As Darbukas Dacolá e Nuria Lenda Moura, Och8Gz, Adriii316, Isma Gz, Huerita13, Tanito930, Trío D’Líder e o Grupo de Gaitas Novos Aires de Couso.

Sábado 12
20:00 Batukada Lenha Verde.
22:00 As Darbukas Dacolá e Nuria Lenda Moura.
23:30 Concerto de música urbana: Och8Gz, Adriii316, Isma Gz, Huerita13. Invitado especial Tanito 930.

Domingo 13
16:00 Trío D´Líder (1º Pase).
17:30 Grupo de Gaitas Novos Aires de Couso.
18:00 Trío D´Líder (2º Pase).