O Concello de Nigrán, a través de Cultura no Camiño, ofrece este xoves 20 de xullo ás 20:00 horas na terraza da Biblioteca Municipal a obra de teatro “Fazulas e o ladrón de paraugas”, espectáculo infantil baseado no exitoso libro de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel (Editorial Galaxia). A entrada é de balde ata completarse o aforo.
A montaxe de “Bandullo Azul” conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido da empuñadura dun paraugas. O obxectivo do conto é sensibilizar ás nenas e nenos sobre temas como a violencia machista ou os conflitos bélicos.

