Sin categoría

Mañufe homenaxea a Moisés Alonso Valverde, sacerdote natural da parroquia

A Parroquia de San Vicente de Mañufe rendeu unha sentida homenaxe este domingo a Moisés Alonso Valverde, fillo de Casimiro Alonso García e Carmen Valverde Fajo, así consta na súa Partida de Bautismo, no Libro VII, folio 124, número 10, bautizado nesta comunidade o día 25 de xullo de 1.928, por Don Antonio Veloso e nado nesta parroquia o 5 de xullo dese mesmo mes e ano, hai 95 anos. Os seus padriños foron Ramón García e a súa avoa Peregrina.

Ordenado Sacerdote en Tui o 29 de xuño de 1.951 hai 72 anos, sendo Bispo Don José López Ortiz. A partida de Don Moisés reflíctenos que no 1.950 foi ordenado Diácono e Subdiácono, por Don José López Ortiz. Nas súas tarefas pastorais foi profesor no Instituto e no Seminario, foi Párroco especialmente da Colexiata de Santa María de Vigo, como a el gústalle chamarlle á Concatedral, é cóengo da Santa Nai Igrexa.

“Podemos dicir, sen medo a equivocarnos, que Don Moisés é orgullo da nosa Parroquia de San Vicente de Mañufe. Parroquia da que sempre estivo pendente, facendo o seu himno a San Vicente, preocupándose da súa parroquia, asistindo nos últimos anos aos curas, que estiveron desde a súa xubilación da Colexiata”, destaca o actual párroco, Víctor Bargiela.

“Para nós é un orgullo concederlle esta placa que poñemos na Igrexa polo seu labor sacerdotal, desempeñada con traballo, esforzo e vocación, por levar o bo nome desta parroquia por todos os lugares, a través da súa música, o seu bo sentido do humor, o seu sentido de escoita e servizo á Igrexa e aos homes. Moitas grazas Don Moisés”, concluíu o párroco.

Onte Don Víctor, sacerdote da Parroquia de San Vicente de Mañufe, pregúntolle se o vindeiro domingo poderíalle facer a misa da parroquia. E Don Moisés díxolle que “todo depende de Deus, se me chega chegar ao domingo”.