Sin categoría

Baiona celebra a festividade de Santa Liberata

Baiona celebra a festividade de Santa Liberata. O vindeiro xoves, 20 de xullo, día da Ilustre Paisana da Vila, celebrarase unha misa na Capela que leva o seu nome ás 11:00 da mañá. Pola tarde, terá lugar a Misa Solemne na Igrexa de Santa María de Baiona, cantada polo coro parroquial. Acto seguido terá lugar a procesión polas rúas de casco histórico acompañada polo Grupo de Gaitas “A Seneira” e a Banda de Música de Baiona. Unha vez finalizada a procesión, os baioneses, baionesas e visitantes poderán venerar a reliquia da Santa. A novena comezará o luns, 17 de xullo, na Capela de Santa Liberata, media hora antes da misa das tardes.