A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este xoves unha xuntanza de traballo co alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, dentro das reunións previstas con todos os rexedores da área.
A representante autonómica, que tomou posesión do cargo o pasado 20 de xuño en substitución de Marta Fernández-Tapias, dirixiuse o pasado día 30 por carta a todos os rexedores da área territorial para poñer en común as súas axendas e fixar o antes posible unha xuntanza de traballo.
Ademais da cidade de Vigo, o ámbito da área territorial abarca os municipios de Cangas, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

