Sin categoría

As “poxas” de San Antonio poñen o punto e final ás festas de San Bieito en Gondomar

Unhas 500 persoas déronse cita na tarde deste mércores no lateral da Igrexa de San Bieito de Gondomar nas poxas de San Antonio, levadas a cabo por Carlos Riveiro. A Virxe do Pilar, bendicida por un cóengo da Basílica do Pilar de Zaragoza e doada por unha familia de Zaragoza que vén todos os anos de vacacións a Gondomar, foi poxada en 100 euros. Un xamón en 80 euros e a folla de bacallau de tres quilos en 60 euros. Os asistentes tamén puideron adquirir plantas por entre 20 e 30 euros, coellos por entre 30 e 50 euros, galos por entre 40 e 50 euros ou unha parella de periquitos por 50 euros.