A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor -OVALMI- e o Concello de Nigrán están a organizar a 17ª Feira de Oportunidades do Val Miñor, “Portobelo”, que se celebrará o vindeiro domingo día 6 de agosto, no Paseo da Ramallosa, en Nigrán. Dita Feira de carácter multisectorial, celébrase coa finalidade de promocionar os comercios da comarca, reforzar o contacto cos clientes habituais, xerar outros novos, así como liquidar stocks dos establecementos.
A feira contará con distintas actuacións ao longo do día, así como música ambiental entre outras cousas. Tamén se celebrará o concurso “Flota como Poidas”, onde os participantes sorprenderannos cos seus enxeñosos dispositivos flotantes. Os interesados en participar ou obter máis información sobre o evento, poden poñerse en contacto coa Asociación OVALMI, no número 986 36 67 30 ou no correo asociacion@ovalmi.com antes do 25 de xullo.


