Sin categoría

Gondomar bendí os coches por San Cristovo

Este luns celebrouse en Gondomar a festividade de San Cristovo, patrón dos condutores. O programa comezou ás 11:00 da mañá cun pasarrúas da charanga Vai de Baile. Ás 12:00 do mediodía comezou a Caravana Automobilística con saída desde Vincios. Ás 12:30 horas celebrouse a Misa Solemne no atrio da Igrexa Parroquial, e ao finalizar comezou a procesión na honra de San Cristovo ata o cruzamento das rúas Eduardo Iglesias e Elduayen, onde se fixo a popular bendición de coches, engalanados para a ocasión.

Este ano por coincidir en comezo de semana asistiu menos público tanto á misa como á caravana automobilística que saíu ás doce da mañá desde a parroquia de Vincios con destino ao atrio parroquial de San Bieito de Gondomar, onde seguidamente celebrouse a misa solemne e a continuación na rúa Eduardo Iglesias, diante da farmacia situada nesta rúa, a bendición dos vehículos, como autobuses, coches, camións, motos, bicicletas, nunha expendida mañá de sol.

Mañá martes continúan as festas coa Romaría de San Bieito, comezando a primeira misa ás sete da mañá e continuando cada hora ata as doce do mediodía, cando se celebrará a solemne seguida de procesión acompañada pola Banda de Música do Val Miñor, que ofrecerá un concerto ao finalizar. Ás 13:00 horas haberá unha misa rezada e pola tarde as misas darán comezo ás cinco e media, cada hora ata as nove e media. Pola noite, a verbena está a cargo da orquestra Solara.


El pase de diapositivas requiere JavaScript.