Sin categoría

Baiona inicia o IV Ciclo de Conferencias “O Falar das Pedras”

Comeza o IV Ciclo de Conferencias “O Falar das Pedras” que se impartirá todos os luns lectivos de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 horas. O vindeiro luns, 10 de xullo, arranca co relatorio “Entre Austrias y Borbones, A Coruña y Baiona en la guerra de Sucesión, 1700-1714” do Licenciado en Dereito e Historia, Arturo Abad Pardo.

Este ciclo de conferencias está organizado desde o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Iniciouse no ano 2019, sendo interrompidas no 2020 pola pandemia. Unha vez superada a crise sanitaria retomouse a súa celebración e fíxose nunha nova localización, o novo edificio rehabilitado Multiusos Mercado de Sabarís (Benito Fariña, 3).

O ciclo está formado por un corpus de presentacións de libros e charlas divulgativas coa misión de potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial.