Sin categoría

Nigrán abre a inscrición para unha excursión de maiores a O Grove

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este venres 7 de xullo a partir das 9:00 no Pavillón Municipal de Panxón para participar o martes 11 de xullo nunha excursión a O Grove. Esta inclúe un paseo en barco pola ría de Arousa con degustación de mexillóns e comida no restaurante Casas de Redondela. A saída será ás 8:00 desde a Casa Consistorial e o regreso aproximadamente ás 20:00 horas. O prezo, co transporte, comida e entradas incluídas, é de 25 €/persoa. Está destinado a persoas xubiladas empadroadas en Nigrán e a inscrición será por rigorosa orde de chegada ata esgotarse as 110 prazas dispoñibles.