Sin categoría

A Plataforma Turonio organiza o I Simposio Serra da Groba e Argallo

A Plataforma Turonio organiza o I Simposio Serra da Groba e Argallo-Patrimonio natural, etnográfico e cultural, o cal se desenvolverá na Casa Forestal de Santa María de Oia na tarde do vindeiro sábado 8 de xullo. Diferentes relatores dende o mundo académico, o da investigación ou o activismo ambiental e cultural exporán, en diversas intervencións, os principais valores naturais e culturais que agochan os nosos montes. Ao remate realizarase unha mesa redonda na que as persoas encargadas dos relatorios abordarán diferentes cuestións. Este evento é o primeiro paso dun proceso que ten como obxectivo a declaración da Serra da Groba e Argallo como Espazo Natural Protexido. A xornada comezará ás 18:00 horas na Casa Forestal de Santa María de Oia. A entrada é de balde.

DETALLE DO PROGRAMA:

  • “Un patrimonio natural a conservar: matogueiras e turbeiras da Serra da Groba”.
    César A. Blanco Arias. Técnico de investigación do proxecto RURALtXA! Univ. Santiago de Compostela.
  • “Os cabalos salvaxes da Serra da Groba: Un patrimonio natural, etnográfico e cultural”.
    Laura Lagos Abarzuza. Investigadora asociada do proxecto RURALtXA! Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, Univ. da Coruña.
  • “Biodiversidade ameazada da Serra da Groba”.
    Manuel A. Pombal Diego. Profesor da Univ. de Vigo e membro de ANABAM.
  • “Serra da Groba. Arqueoloxía, etnografía e patrimonio vivo”.
    Xosé Lois Vilar e Xilberte Manso. Membros do Instituto de Estudos Miñoráns e SOS Groba.
  • “A Serra da Groba como clave para a sostibilidade do territorio. Unha proposta para un espazo protexido”.
    Juan Hermida. Director do Instituto de Estudos Miñoráns.