Este domingo día 9 de xullo a partir das 11:00 horas, o Concello de Baiona a través da Concellería de Deportes, organiza na Praia da Ladeira a XIII Travesía a Nado Concello de Baiona “Gran Premio Eurored”. A travesía organízase en varias categorías e distancias sendo elas de carácter mixto aínda que as clasificacións realizaranse por sexos:
- Sub 12 – 100 Metros (Nados 2010-2014) – horario; 11:00 h.
- Sub 16 – 500 Metros (Nados 2006-2009) horario; 11:15 h.
- Adultos (2006-1982) e veteranos (antes 1981) – 2.000 metros; 11:30 h.
Establécense trofeos para os tres primeiros clasificados tanto en categoría masculina como feminina e as categorías establecidas son: Sub 12, Sub 16, adultos e veteranos, establécese tamén clasificación absoluta e clasificación para os participantes censados en Baiona e entregásense agasallos e avituallamentos a todos os participantes a través dos patrocinadores e colaboradores Coca cola, Arena, Carrefour, La Caixa, MRCY de Baiona, Parador Conde de Gondomar, Protección Civil, Zafire Ladeira e Portos de Galicia.
O prazo de inscrición finaliza mañá mércores. Para formalizar as inscricións deberán realizarse a través da plataforma informática de http://www.championchipnorte.com ou no correo deportes@baiona.gal. Establécese o teléfono de información do Pavillón Municipal de Deportes: 986.356.558.

