Sin categoría

Fin de semana de xadrez e fútbol en Baiona

O sábado 1 de xullo a Vila de Baiona acolleu dous eventos deportivos con gran participación. Ás 10:00 da mañá tivo lugar o V Open de Xadrez Vila de Baiona nos xardíns do Museo da Navegación, no Casco Vello. Houbo tres categorías, Sub10, Sub14 e Sub16. Así mesmo, O campo do fútbol do Aral acolleu tamén este sábado as finais do campionato galego do torneo da Globall Challenge Cup 2023, no cal colaborou, como todos os anos, o Concello de Baiona. Esta liga “amateur” de fútbol conta con varios equipos pertencentes á Coruña, Santiago e Ferrol, onde o vencedor desta proba presentarase ao campionato nacional que se celebrará en Noja (Cantabria). Houbo grandes premios para os equipos gañadores. A Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, acudiu á entrega de premios de ambas competicións.