O Centro Cultural e Social de Baíña e o Concello de Baiona ofrecen este mércores 5 de xullo un Festival de Baile na Praza do Concello. O evento, que comezará ás 22:30 horas e está incluído na programación cultural Baiverán 2023, contará coa participación de Danzarte de Gondomar, LDanzia de Gondomar, Paradela de Gondomar, Dando la Nota de Mougás, Elena Castro Zumba e DA Vigo.
Festival de Baile en Baiona

