Sin categoría

Pepe Domingo Castaño e o seu equipo da COPE visitan Baiona

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu a Pepe Domingo Castaño e o seu equipo da COPE que se atopaban de visita no municipio. Castaño, que tamén estaba acompañado de Paco González e de todo o equipo deportivo de “Tiempo de Juego” da COPE visitaron a Fortaleza de Monterreal, o Parador Nacional de Turismo e gozaron dos recursos da Vila nunha bonita xornada. O equipo do programa atópase de vacacións en Galicia e non quixeron perder a oportunidade de coñecer a localidade de Baiona, un dos destinos turísticos galegos por excelencia.