Sin categoría

Nigrán ofrece unha excursión ao parque acuático de Amarante

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 1 de xullo unha excursión ao parque acuático de Amarante (Portugal). Os interesados deben inscribirse este mércores 28 de xuño na Oficina de Turismo de Panxón (de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas), onde terán que abonar a cantidade de 15 € para maiores de 12 anos e 9 € para nenos entre 5 e 12 anos. Os menores de 5 anos irán gratis. O Concello asume integramente o custe da viaxe en autobús.

A saída será o día 1 de xullo desde a Casa do Concello ás 9:30 e a chegada está prevista para as 22:00 horas aproximadamente. Non está permitido entrar no aquapark con aparellos de praia, vidros ou cubertos de metal, podéndose levar a comida da casa (dispón de zonas para picnic). O parque acuático de Amarante está situado a 60 km do Porto e conta con tres impresionantes tobogáns, varias piscinas de diferente tipo, pistas rápidas e zona de solarium.