Festas da Virxe da Cela en Baredo

A parroquia baionesa de Baredo celebra esta fin de semana as festas na honra da Virxe da Cela. O sábado 1 de xullo pola mañá actuará a charanga Vaite Xa, e pola noite, gran verbena a cargo da orquestra Principal e Azúcar Moreno.

O domingo día 2 ás 13:00 horas comezará a Misa Solemne na honra da Virxe da Cela cantada pola Coral de Baredo, seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Baiona. A continuación baile da Danza das Espadas. Ás 17:00 horas disputarase un partido de fútbol solteiros contra casados no campo de Val de Martín. Pola noite, gran verbena a cargo da orquestra La Travesía e grupo Ritmo. Ás 00:00 horas haberá unha gran tirada de fogos de lucería.

O luns 3 de xullo ás 11:00 da mañá a Banda de Música do Val Miñor ofrecerá un pasarrúas. Ás 12:00 horas celebrarase unha Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica San Lourenzo de Belesar, seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música. Ás 17:00 horas serán as grandes cucañas, e pola noite, a orquestra Gran Parada e o trío 3.com pecharán as festas.