Este sábado celebrouse o Campionato Galego de Pista Xunta de Galicia Júnior no complexo deportivo David Cal, situado no encoro de Pontillón do Castro en Verducido. A baionesa Iria Ludeña proclamouse campioa galega en K4 500 xunto coas súas compañeiras do Club Kayak Tudense Uxía Rodríguez, Irea Alonso e Daniela Álvarez, cunha marca de 01:55,67. En K2 500, Iria Ludeña e Irea Alonso lograron o subcampionato galego cun tempo de 02:03,9 a pouco máis de 2 segundos das gañadoras.
Ouro e prata para a baionesa Iria Ludeña no Campionato Galego de Pista



