Esta fin de semana rematou o campionato de liga galega de bolos celta nas súas tres categorías. Na primeira división o campión e líder da clasificación durante toda a tempada foi o club de bolos de Belesar Urgal de Baiona. O subcampionato foi para o club de bolos de San Cibrán de Donas-Gondomar. Nesta categoría descenden a segunda división os clubs Estivada e Mañufe de Baiona e Gondomar, respectivamente.
Na segunda división o club de bolos Santiago de Parada de Nigrán foi o campión de liga, e xunto o subcampión, bolos Sobreiro, ascenden de categoría e xogarán a próxima tempada na primeira división. Descenderán a terceira, os clubs Gondomar e Belesar Urgal B. Na terceira categoría o campión foi o club de bolos Baredo A de Baiona e xunto co subcampión, bolos Forcadela de Tomiño, xogarán a próxima tempada na segunda categoría.
Dende a Federación Galega de Bolos felicitan os clubs campións, os ascendidos e en xeral a todos os clubs, dirixentes e xogadores polo seu exemplar comportamento durante toda a tempada. A vindeira fin de semana celebraranse en Nigrán e Baiona os campionatos galegos, individual e por parellas de primeira e segunda categoría.

