Este sábado, 17 de xuño, de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 horas, terá lugar no Pavillón Municipal de Panxón a Xª edición do Torneo de Xadrez Dani Da Rocha Prol correspondente ao XVI Circuíto Galego Xadrez Promoción da Federación Galega de Xadrez. Desde o Club de Xadrez Laroca, coa axuda de diversos patrocinadores, volven organizar en Nigrán esta festa do xadrez para a xuventude na memoria de Dani, un membro moi novo do club de xadrez que faleceu hai uns anos. Virán 200 mozos e mozas xadrecistas nados no 2003 ou anos posteriores dende toda a xeografía galega até o Pavillón de Panxón a celebrar esta festa do xadrez. Os/as participantes que rematen o torneo terán trofeo e participarán no sorteo dunha espectacular lista de regalos.
X Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol en Panxón


