Sin categoría

Nigrán instala senllas canastras no Torreiro de Priegue

O Concello de Nigrán, atendendo á petición da veciñanza, investiu 4.110 € na adquisición de senllas canastras móbiles para o Torreiro de Priegue, ademais de pintar esta cancha deportiva, xa que ata o de agora non había canastras. Esta opción de ocio engádese ao investimento realizado no 2018 polo Concello de Nigrán, cando rehabilitou a vella escola do recinto, creou un parque infantil e mellorou a pista multideportes. “É un orgullo para min despedirme como concelleiro de Deportes con esta iniciativa na miña parroquia e no Torreiro, un lugar ao que estou especialmente ligado e no que traballei sempre desde o goberno para dotalo de máis opcións de ocio e entretemento”, sinala Luis Sanromán, quen exerceu como edil durante os últimos 8 anos e será relevado por Sara Penedo.