Sin categoría

Familias con cans de Nigrán solicitan un horario de acceso ás praias no verán

Un grupo representativo de familias con cans de Nigrán acudiu ao pleno extraordinario celebrado este mércores no Concello coas súas mascotas. Instan o goberno a implantación dun horario de acceso ás praias do municipio en época estival para estes animais domésticos. Solicitaron ao Alcalde que os cans accedan aos areais en horario de sete a nove da mañá, e de dez e media a doce e media da noite, evitando as horas de máis afluencia nas praias, ao que o rexedor deu a calada por resposta.

Este colectivo de cidadáns considera que os espazos de praia que actualmente están designados para cans non son os axeitados e que os Concellos teñen plena competencia para establecer normas baseadas na salubridade e convivencia polo que teñen potestade para establecer este horario. Anuncian próximas medidas de non ser escoitados.