Sin categoría

Avelaíña organiza unhas xornadas sobre vivenda e saúde mental

Con motivo do seu 25 aniversario, a Asociación Avelaíña organiza unha xornada sobre “Alternativas de vivenda en saúde mental” onde contarán coa experiencia de grandes profesionais a nivel estatal. O acto terá lugar mañá venres 16 de xuño no Verbum en Samil (Vigo). Esta xornada, de interese tanto para profesionais que traballan neste colectivo, como para persoas con enfermidade mental, familiares e coidadores.

Os asistentes coñecerán de primeira man os modelos que existen noutros territorios, como son o da Asociación Avifes en Bilbao, as pensións supervisadas da Comunidade de Madrid, así como os modelos de vivendas de transición en Santiago entre outros. Pola tarde haberá unha mesa redonda onde profesionais, familiares e usuarios compartirán os modelos alternativos de vivenda e experiencias neste eido.