Sin categoría

HuslingDance celebra o III Festival Vaiétes en Baiona

O estudo de danza HuslingDance situado en Sabarís celebra este venres 16 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio V Centenario de Baiona o III Festival Variétes, en colaboración co Concello de Baiona. Un festival de danza que non se realizaba desde hai 3 anos debido á pandemia.

Contarán cos artistas invitados Reinier Powell, bailarín de orixe cubana con residencia en Suíza; o ruso Vladimir Stuzhinskiy, bailarín de BreakDance campión do Marisquiño no 2019 e ademais ex concursante do programa televisivo “Tú sí que vales”; e a española Lara Alonso. A entrada é gratuíta.