Sin categoría

Ribera Povisa ofrece contrato a toda a XIII Promoción do Grao de Enfermería

Ribera Povisa ofreceu contrato aos 65 estudantes da XIII Promoción do Grao de Enfermería da Escola de Povisa, e que recolleron hoxe, nun acto que comezou ás 17:30 horas na sede social Afundación de Vigo, os diplomas que os acreditan como titulados universitarios en Enfermería.

Acudiu ao acto a delegada da Xunta na cidade, Marta Fernández-Tapias, que estivo acompañada polo presidente do grupo sanitario Ribera e do Padroado da Escola, Alberto de Rosa, e os directores do centro, Alfonso García e Manuel Torres. Tamén estiveron, entre outras autoridades, o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo, Alfonso Lago, que presidiu o evento, e o doutor Daniel Pesqueira, padriño desta promoción e encargado ademais de pronunciar a conferencia maxistral.