O Concello de Nigrán vén de investir 7.000 € na total reposición do céspede artificial do patio exterior da Escola Infantil A Galiña Azul, cumprindo así coa demanda realizada pola dirección do centro. O antigo, xa moi deteriorado tras máis dunha década de uso, foi retirado para posteriormente mellorar o chan para que quedase sen desniveis nin roturas e, a continuación, cubríronse os 210 m2. O resultado é un patio totalmente renovado. “É moi suave e moi agradable ao tacto, polo que resulta especialmente idóneo para os nenos”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que durante o verán, como é habitual, o Concello realizará obras nos diferentes colexios públicos do municipio para non interferir coa actividade lectiva.
Nigrán inviste 7.000 € na reposición do céspede artificial do patio exterior da Galiña Azul

