Sin categoría

Mañufe celebra as festas de San Antonio e Corpus

A parroquia gondomareña de Mañufe celebra esta fin de semana as festas de San Antonio e Corpus. O venres 16 de xuño o programa previsto comezará a partir das 23:00 horas coa Noite da Xuventude, cos DJ’s Ganxx e Sombrero. Haberá cantina para comer e beber.

O sábado día 17 ás 12:30 horas celebrarase a Misa na honra de San Antonio seguida de procesión acompañada polo grupo Os Romanteleiros de Mañufe. Ao finalizar actuará o grupo de baile Fíbulas en sesión vermú. Ás 17:30 horas comezarán as “poxas” de San Antonio. Ás 21:00 horas o Mago Paco ofrecerá o seu espectáculo “Hocus Pocus”, e ás 23:00 horas o grupo Claxxon amenizará a verbena. A partir das 00:00 horas confeccionaranse as alfombras florais.

O domingo 18 de xuño a programación comezará ás 11:30 da mañá cun recital da Banda de Música Municipal de Tui. Ás 13:00 horas celebrarase a Misa de Corpus, cantada polo Coro de San Vicente de Mañufe, seguida de procesión acompañada pola mencionada banda de música, que ofrecerá un concerto ao finalizar. Ás 20:00 horas os asistentes poderán gozar do espectáculo de música e danza tradicional de O Fiadeiro. Ás 21:30 horas, o concerto de A Banda da Loba pechará os actos festivos e culturais.