A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso organiza este sábado día 10 de xuño un obradoiro de poda en verde. A actividade será impartida por Elena Venade, Técnica Superior de Recursos Naturais, a partir das 10:00 da mañá na Casa Veciñal de Couso. Falarase da importancia da poda en verde, coidados a ter, como podar… As inscricións, cun prezo de 10 euros, poden formalizarse ata o 8 de xuño no teléfono 605 836 680 ou no correo electrónico elenavenade@gmail.com.
O mesmo sábado a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso organiza tamén un paseo botánico con degustación a cargo de Carlos Venade. A saída será ás 15:30 horas desde a Casa Veciñal de Couso. As inscricións, cun prezo de 15 euros, poden formalizarse ata o 8 de xuño no teléfono 605 836 680 ou no correo electrónico elenavenade@gmail.com.

