O Racing Vilariño organiza o Torneo RacVil 2023

O Racing Vilariño de Nigrán organiza os próximos tres sábados de xuño o Torneo RacVil 2023. Participarán os equipos Val Miñor, Fundación Celta, Coruxo, Erizana, Gondomar CF, Gondomar FB, A Guía, Guardés, Pereiró, Santa Mariña e Casabranca. O torneo, que se disputará no campo municipal de San Pedro, arrancará este sábado, día 3, coa categoría prebenxamín, para continuar coa benxamín o 10 de xuño e finalizar coa alevín o día 17. Colaboran Nasas Nigrán, Construcións Manuel Piñeiro, Concello de Nigrán, Construcións ContruGAM e Bar Lienzo.