IV Xuntanza Terrible en Donas

TradiSón organiza este sábado día 3 de xuño a IV Xuntanza Terrible. Trátase dun evento cultural e gratuíto aberto a todo o público no lugar da Casa do Pisco (Abrollido Nº 4 en Donas-Gondomar). O programa comezará ás 10:30 cunha ruta de sendeirismo. Ás 12:30 Cé Orquestra Pantasma será o protagonista da Sesión Vermú. Ás 14:00 horas terá lugar un xantar campestre e ás 16:00 horas haberá xogos populares. Ás 18:00 horas arrancará o Serán, no que participarán os grupos SilvaRedonda, O Fiadeiro, TradiSón, Os Carunchos e Cé Orquestra Pantasma. Tamén haberá posto con bebida e comida, WC ecolóxicos, zona de acampada, sorteos…