
A piscina mancomunada do Val Miñor volve organizar este verán o seu campamento para todos os nenos e nenas que queiran pasar unhas vacacións diferentes, cheas de deporte e diversión.
O obxectivo de Serviocio, empresa que xestiona o centro, é crear un ambiente saudable e activo que afaste aos nenos do sedentarismo infantil. Caracterízase por unha oferta centrada no deporte onde poder gozar dunha ampla variedade de actividades acuáticas e natación, así como outras disciplinas como multideporte, xincanas, natación… Ademais, o centro ofrece fomentar a creatividade e a convivencia con obradoiros e dinámicas grupais.
O campamento desenvólvese pola mañá e é contratable por períodos dunha semana. Poderán inscribirse os nenos e nenas de entre 3 a 14 anos, aínda que se contará con actividades específicas e acordes a cada grupo de idade. Ademais, ofrécense descontos especiais para segundos irmáns e ao contratar máis dunha semana.
As inscricións realízanse de forma presencial na piscina situada na Rúa Manuel Lemos, s/n. Pódense consultar os detalles na páxina web www.serviocio.es/campusverano e descargar o dossier informativo con prezos, actividades e horarios.