Sin categoría

O 5G de 700 Mhz. de Movistar chega xa a toda a comarca do Val Miñor

Os tres concellos da comarca do Val Miñor -Baiona, Nigrán e Gondomar- contan xa con cobertura do 5G de 700 Mhz. de Movistar, que continúa o seu despregamento de nodos para chegar coa súa ultra banda ancha móbil ás máis de 45.000 persoas que viven nesta península, cuxa poboación aumenta significativamente na tempada estival.

Na provincia de Pontevedra, Movistar despregou xa a o seu 5G de 700 Mhz. en 45 municipios, que se elevan a 178 no conxunto de Galicia. O obxectivo da compañía é que ao terminar 2024 todo o territorio galego conte con ultra banda ancha, xa sexa por fibra óptica ou por 5G.

A banda de 700 MHz, tamén chamada banda baixa, ten unha maior penetración en interiores e universaliza algunhas das características das comunicacións 5G, como é a baixa latencia. É o complemento para a banda de 3,5 Ghz na que tamén opera Movistar, idónea para servizos que precisan de moi alta velocidade de transmisión, aínda que o seu alcance é menor e atravesa peor os obstáculos, como as paredes dos edificios, algo que si posibilita o sinal na banda de 700 MHz.